Monografías

Xesús, aquel home de aldea
Esta é unha obra de carácter bíblico-pastoral cuxa pretensión é achegar un material que sirva para a formación cristolóxica e neotestamentaria de pequenas comunidades ou grupos de reflexión cristiá.
Ao longo de corenta capítulos vanse percorrendo momentos e ensinanzas fundamentais de Xesús de Nazaré. O punto de partida sempre é un relato bíblico, do Novo Testamento e en concreto dos Evanxeos Sinópticos. Após unha extensa explicación do contexto do relato e dalgún dos termos empregados, do seu contido fundamental e das liñas teolóxicas que abrangue, o autor presenta o texto para a súa lectura, meditación e reflexión.
12 € (IVE e gastos de envío incluídos)

A viuvez na Pastoral da Saúde
A viuvez, tarde ou cedo, chega a todas as casas. Mais non se nace viúvo ou viúva. É a resultante dun proceso traumático e doloroso do que require un longo labor de recomposición.
As viúvas e viúvos son cabeza de familia. Son familia; por veces ben numerosa. Son responsábeis da comunidade educativa e mesmo son familia de acollida para ascendentes, descendentes, parentes próximos ou achegados por diversos vínculos. Pero a sociedade actual non lles dá tal consideración. E na Igrexa?
A pastoral da saúde resulta adecuada, polo moito que pode achegar especificamente neste acompañamento e tamén na creación de grupos de axuda, que como Xesús, saiban pórse a carón deles e delas e produzan efectos sanantes, saudábeis e salvadores.
12 € (IVE e gasto de envío incluídos)