Monografías

ENGRACIA VIDAL ESTÉVEZ - Profecía de fe e galegidade
Dúas das asociacións das que foi promotora, Mulleres Cristiás Galegas e Encrucillada, promoven unha homenaxe aberta a Engracia Vidal Estévez, unha muller cun dobre compromiso ao longo de toda a súa vida, «a fe é a galeguidade». O acto, totalmente aberto, desenvolverase esta tarde, ás 20 horas, no Teatro Principal. Alí presentarase o libro Engracia Vidal Estévez. Profecía de fe e galeguidade, escrito por varias persoas, e no que se recolle unha entrevista á protagonista e testemuñas de amigos e colaboradores.
Engracia Vidal naceu hai 80 anos en Cambados, estudou no colexio de Placeres e ingresou na orde do Sagrado Corazón. Licenciada en Historia e diplomada en Teoloxía, deu clases en varios centros da congregación. O Concilio Vaticano II marcouna profundamente, en de volta a Galicia, en 1970 fundou, con outras compañeiras, unha residencia en Santiago para rapazas do rural, pioneira polo sistema de autoxestión e o compromiso.
Foi a primeira muller profesora no Seminario Menor de Santiago e logo de abandonar a congregación, deu clases de Literatura Galega en institutos de Ferrol e Pontevedra.
Tamén foi, co teólogo Torres Queiruga, promotora e fundadora da revista de pensamento cristiá Encrucillada. Tamén é autora de varias publicacións e libros, entre eles Por unha Igrexa tamén feminina. Os seus coñecidos subliñan que é unha persona moi activa, solidaria e servizal, ademais de feminista. Logo do acto, haberá unha cea no Pazo da Cultura.

A graza daquel verán
No verán do ano 2007 caeu nas miñas mans un libriño editado pola editorial Sal Terrae, de André de Jaer, SJ, Cristo en lo cotidiano. Los Ejercicios Espirituales en la vida diaria. E animeime a emprender a tarefa de acoller a oportunidade de facer uns Exercicios Espiriturais na vida diaria durante o tempo que fose, tempo que en realidade chegou a ser algo menos dun ano. Para min foi unha graza especial.
Recollo nestes escritos algo do que fun vivindo durante este tempo. Compártoo con quen o queira ler e, se cadra, aproveitar, non como algo meu, senón como algo que pasou por min, pero que ten, coido eu, as súas orixes máis limpas no Deus da vida, no seu fillo benquerido Xesús e no seu Espírito.
12 € (IVE e gastos de envío incluídos)