Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Monografías

Unha alborada nova. Bernardo García Cendán

Unha alborada nova. Bernardo García Cendán

A Asoc Encrucillada, o Instituto de Estudos Chairegos e a Asoc Xérmolos compracémonos en convidarvos
ás presentacións da nova Monografía de Encrucillada:
 
Unha alborada nova. Bernardo García Cendán
 
Que se celebrará o venres 8 de marzo na Casa da Cultura de Vilalba ás 20:30h e o martes 12 de marzo na Galería Sargadelos de Lugo ás 19:30h
Adxuntamos cartaces para a súa difusión.
 
Asoc. Encrucillada
REPENSAR A TEOLOXÍA RECUPERAR O CRISTIANISMO

REPENSAR O TEOLOXÍA RECUPERAR O CRISTIANISMO

Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo
VV.AA.,

Biblioteca Fundación Isla Couto

Homenaxe a Andrés Torres Queiruga


Editorial: Galaxia

Colección: Libros singulares e fóra de colección

616 páx. Rústica con lapelas

PVP: 39.00 € ISBN: 978-84-9865-422-6

Data publicación: xullo 2012 1ª Edición

Edición de Xosé Manuel Caamaño e Pedro Castelao


Este libro colectivo responde á intención de homenaxear o teólogo e filósofo Andrés Torres Queiruga por unha traxectoria dedicada á creación dunha obra viva, suxestiva e útil no eido dun pensamento universal que nunca deixou de ser galego.

Esta obra ten o seu xermolo nas Xornadas de Teoloxía, celebradas en Santiago de Compostela en outubro de 2010, promovidas pola Asociación Encrucillada, coincidindo con que Andrés Torres Queiruga alcanzou a idade da súa xubilación académica. O lema das xornadas foi Repensar a teoloxía. Recuperar o cristianismo. "Repensar" e "recuperar" son dous termos especialmente queridos polo noso homenaxeado, de forma que ocupan un destacado lugar nos principais títulos das súas obras máis coñecidas.

Aos participantes nestas xornadas propúxoselles falar sobre un determinado tema filosófico ou teolóxico tendo en conta o pensamento do profesor Queiruga nesa respectiva cuestión. Aquí publicamos a maioría dos relatorios das xornadas, así como colaboracións doutros autores que aceptaron sumarse á homenaxe a Torres Queiruga.

http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010340093

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal