Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Novidades

PORTADA

Nº 206 de E N C R U C I L L A D A

Como recolle o Director no Guieiro "publicamos, tamén, neste
número de Encrucillada os textos preparados por Marisa Vidal,
Víctor Freixanes, Andrés Torres Queiruga e un servidor para conmemorar os corenta anos da aparición da nosa revista coa presentación pública dunha obra en dous volumes que recolle, en síntese,
a nosa achega á celebración das Letras Galegas. Lucía Santiago
Díaz ofrece unha breve crónica do acto celebrado o 19 de xaneiro
de 2018 na sé da RAG.
Cun In Memóriam de Marisa Vidal no que lembra a «Piluca»
–toda unha muller a descubrir–, o documento da Paz da Asemblea de Crentes Galegos e unha recensión de Ramón Cao sobre
un libro de Almudena Otero Villena, pechamos un número que,
por derradeira vez, se completa co tradicional esquema das tres
crónicas de política, cultura e Igrexa.
O Consello da revista considerou chegado o tempo de estruturar
novamente ese espazo centrándose máis nas cuestións eclesiais,
deixando a atención á política e a cultura a outras publicacións
máis especializadas. Nin que dicir ten o agradecemento que todos
os lectores de Encrucillada lle debemos ao desinteresado traballo
de Xosé Luís Barreiro Rivas e Xoán Bernárdez Vilar. Todos somos
ben conscientes da valía das súas contribucións e acreditada constancia queda dela nas páxinas que deixan aquí tras de si".

===========================================================

¡¡¡¡ATENCIÓN SUBSCRITORES!!!!!


Estamos revisando os datos de todos os subscritores dos que dispoñemos, para unha necesaria actualización.
Por iso, recibirán nestes días, nas súas casas, unha carta na que lles pedimos que revisen e actualicen os datos. Nas subscricións «de vello» faltan datos hoxe moi necesarios, como o correo-e, ou actualización doutros, como o teléfono de contacto ou o n.º de conta bancaria, para o cobro da subscrición. É imprescindible o nº IBAN completo, 24 díxitos.


A partir de 2018 imos deixar de cobrar as subscricións por medio de reembolso, pois resultan moi gravosos economicamente, polo que animamos a que domicilien os seus pagamentos ou ben lembren facer o ingreso na nosa conta a primeiros de cada ano.

===========================================================

PORTADA

CELEBRACIÓN DOS 40 ANOS DE ENCRUCILLADA

Así vivíu o acto a cronista LUCÍA SANTIAGO DÍAZ: "Á tardiña do venres 19 de xaneiro, na Coruña, xuntámonos para celebrar o corenta aniver sario desta nosa revista. Dende 1977 ata 2017, dende Galicia e en galego, Encrucillada leva tendendo pontes entre o mundo relixioso e o mundo da cultura, da ciencia, da igrexa, da política… Tiñamos que celebralo! O salón da Real Academia Galega (RAG) estaba cheo, alguén diría despois «Como fIxestes para traer tanta xente?» Un cámara tiña listo o seu equipo para comezar a gravar e varios fotógrafos xa comezaran a cubrir o evento. A inmortalización dos catro relatores sostendo os dous tomos da monografía feita para a ocasión «As Letras Galegas na Encrucillada - Estudos literarios en 40 anos da revista», marcou o inicio ofcial do evento....."

_______________________________________________________________________

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal