Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Novidades

MONOGRAFÍA

Presentación monografía "LETRAS GALEGAS NA ENCRUCILLADA " en Vigo

Presentación da Monografía
As Letras Galegas na Encrucillada
e homenaxe a Antón Fraguas
na cidade de Vigo


Despois da exitosa presentación na sé da Real Academia Galega, na Coruña, en Santiago de Compostela e en Pontevedra, da nosa última monografía en dous tomos: As Letras Galegas na Encrucillada (Tomo I: Día das Letras, Tomo II: Outros autores), imos celebrar en Vigo un novo acto de presentación que será tamén o primeiro deste ano en recoñecer a figura de Antón Fraguas, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2019.


O acto terá lugar o venres 18 de xaneiro, ás 20:30h, na Parroquia do Sagrado Corazón de Vigo (Rúa Rosalía de Castro, 56) Espallade e convidade. Encrucillada facémola entre tod@s!!

http://www.encrucillada.gal/index.php?s=7&i=27

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Perdón! (Reflexión de institucións católicas sobre os escándalos de pederastia

Perdón!
Reflexión de institucións católicas sobre os escándalos de pederastia

Un grupo de institucións católicas quere pedir perdón á sociedade
polos escándalos de pederastia, denunciar algúns defectos da Igrexa
que puideron contribuír a ela e pedirlle que estude todas as súas cau
sas (psicolóxicas, sociais e estruturais) lamentando que todo o servizo
humano que a Igrexa tenta achegar quede ofuscado e contaminado
por esta peste da nosa época. Oxalá que a comisión vaticana que
acaba de ser convocada atope camiños para solucionar este drama.
Iso tenta dicir o seguinte texto. Se a présa, o verán e as inevitábeis dif
cultades deste tipo de accións, impediron a algúns asinar, queda sempre a posibilidade de adherirse a el (dirixíndose a Relixión Dixital).
(15.10.2018)


Nunca será sufciente o que se faga para pedir perdón e reparar
o dano causado… A dor das vítimas e das súas familias é tamén a
nosa dor… Sentimos vergoña cando constatamos que o noso estilo
de vida desmentiu e desmente o que recitamos coa nosa voz…, que
non actuamos a tempo recoñecendo a magnitude e a gravidade
do dano que se estaba causando… É necesario que cada un dos
bautizados se sinta involucrado na transformación eclesial e social
que tanto necesitamos. (Francisco, bispo de Roma,
Carta ao pobo
de Deus,
20.08.2018)

_______________________________________________________________________________

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal