Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Novidades

Nº 212

PUBLICACIÓN DO Nº 212

A homilía é a actualización, nunha determinada situación so
cial, nun determinado tempo e nunha determinada comunidade,
da función profética da Igrexa. É dicir, daquela dimensión eclesial
de todo o pobo de Deus pola que a asemblea debe escoitar que
signifcación teñen hoxe os textos bíblicos proclamados na liturxia
da Palabra e que principios de praxe actual se derivan deles como
froito externo da celebración eucarística
Guieiro

Nº 211

ÚLTIMO Nº PUBLICADO: 211

Un nº moi oportuno e cheo de contido para a reflexión persoal e colectiva. A economía non é allea á espiritualidade nin ao cristianismo. O Evanxeo invítanos a ter moi en conta as relacións económicas e a sua regulación dende unha política responsable. Todos e cada un somos responsables das relacións humanas modeladas pola política en relación coa economía. Dende a lectura diste nº da revista podemos elaborar a ideoloxía que nos permita unha sociedade máis xusta e evanxélica e obrar en consecuencia.

GUIEIRO

Elixida pola «Fundéu» coma palabra do ano 2017, aporofobia, é
un neoloxismo creado por Adela Cortina que signifca medo, rexeitamento ou mesmo odio ao pobre.
A cuestión é fonda e merece análise e reflexión, porque nela
se concentran problemas estruturais de índole económica, política,
sociolóxica, laboral e tamén relixiosa.
Raúl González Fabre abre o número cun estudo no que se comenta, se explica e se aclara un documento relativamente recente
da Santa Sé que, porén, case non tivo repercusión pública ningunha.
Trátase do texto titulado: Oeconomicae et pecuniariae quaestiones,
presentado pola Congregación para la Doutrina da Fe e o Dicasterio
para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral en maio de
2018. A xuízo do autor temos nese documento: «un bo resumo das
conclusións fundamentais do pensamento católico respecto da economía contemporánea, sobre todo, nos seus aspectos fnanceiros.
A súa cuestión de fondo é que deberían cambiar concretamente as
fnanzas globais para estar ao mellor servizo da persoa». No número
210 de Encrucillada Fernando Vidal xa o presentou en liñas xerais.
Agora aportamos estoutro estudo máis polo miúdo.
Afondando no tema, Montserrat Escribano Cárcel opta por unha
perspectiva máis flosófca, centrada na análise social do impacto da tecnoloxía e as redes de comunicación no ser humano, para
abordar a cuestión da inxustiza e das vítimas na liña teolóxica da
teoloxía política europea do pasado século, con acenos á cuestión
de xénero e ao que a autora chama «neuroteoloxía».
Carme Soto Varela achéganos á predicación de Xesús de Nazaret
verbo do Reino de Deus cun estudo que pon a mirada non só na
centralidade dos pobres e da súa acollida por parte de Xesús, senón
tamén nos factores ambientais da época que axudan a resaltar mellor a signifcación última de moitas das pasaxes neotestamentarias
coas que máis familiarizados estamos.
Tres achegas complementan estes tres estudos.
Santiago González Avión comenta e afonda no libro de Adela

Cortina titulado, precisamente, Aporofobia, el rechazo al pobre. Un
desafío para la sociedad democrática (2017). Non só explica en que
consiste este fenómeno, senón que indaga no seu proceso de cons
trución e, sobre todo, nas formas máis axeitadas de combatelo.
Desde a HOAC-Galicia ofrécennos unha reflexión acerca do tra
ballo nun contexto capitalista no que a falta de sensibilidade para a
precariedade e o desemprego ocultan a fonda deshumanización que
se pode agochar mesmo en situacións globais de bonanza económi
ca. Hai aquí unha sincera chamada a recuperar en homilías e pre
dicacións a rica, actual e inequívoca doutrina da Igrexa ao respecto.
Xosé Antón Miguélez envíanos a segunda entrega da súa par
ticular «Escola de Pobres», na que o autor, segundo el mesmo di,
achega: «testemuños de vivencias con persoas que na súa pobreza
ou febleza me enriqueceron en humanidade e fe, pois coas súas
accións e palabras reveláronme algo da bondade e da grandeza de
Deus». Aporoflia en estado puro.
Na festra aberta publicamos o testamento espiritual do P. Chris
tian de Chergé, prior do Mosteiro de Tibhrine (Alxeria), feito dous
anos antes do seu asasinato martirial.
Raquel Gómez Fuentes fxo unha breve crónica do acto de pre
sentación, en Vigo, da monografía que publicou Encrucillada co
gallo dos seus corenta anos homenaxeando aos autores celebrados
no día das Letras Galegas.
Manolo Regal escribiu un poema dedicado a Alfonso Blanco To
rrado para facer presente á nosa revista na xusta e merecida ho
menaxe coa que se celebrou a vida deste cura comprometido con
Galicia e coa súa vocación de relixiosa entrega e servizo.
Co Documento da Paz da Coordinadora de crentes galegos, a
Crónica da Igrexa de Manolo Regal, interesantes recensións e os
debuxos de Soedade Pite, pechamos un número que esperamos
sexa do voso agrado.
Pedro Castelao

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal