Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Novidades

Homenaxe  a ANDRÉS TORRES QUEIRUGA

Maio 2018: VI Colóquio Luso-Galaico sobre a Saudade Ler mais: https://iflb.webnode.com/maio-2018-vi-coloquio-luso-galaico-sobre-a-saudade/

O COLOQUIO TEN TRES SEDES: LISBOA (dia 24), PORTO (día 25) e VIGO (días 25 e 26)

25 de Maio (18 horas)

Colexio Apóstol Santiago - Xesuítas (Vigo)

18h00: Painel VII

Fernando Ponte ' A SAUDADE NO PENSAMENTO E NA OBRA DE D. ROBERTO NOVOA SANTOS

Manuel Cândido Pimentel ' A FENOMENOLOGIA DA SAUDADE

Miguel Ángel Martínez Quintanar ' SAUDADE: ENTRE FENÓMENO E ACONTECEMENTO

Samuel Dimas ' A SAUDADE DO PARAÍSO FUTURO

26 de Maio

Colexio Apóstol Santiago - Xesuítas (Vigo)

09h0: Painel VIII

Luís G. Soto ' SOBRE ANDRÉS TORRES QUEIRUGA E A SAUDADE

Marcelino Agís Villaverde ' FILOSOFÍA E SAUDADE: A PROPÓSITO DE ANDRÉS TORRES QUEIRUGA

Renato Epifânio ' REPENSANDO O ATEÍSMO: ENTRE ANDRÉS TORRES QUEIRUGA E JOSÉ MARINHO

Rocío Carolo Tosar ' O CARACTER ONTOLÓXICO DA SAUDADE: RAMÓN PIÑEIRO E ANDRÉS TORRES QUEIRUGA

11h00: Intervenção de Andrés Torres Queiruga

11h30: Apresentação de Sobre a Saudade: V Colóquio Luso-Galaico &Revista NOVA ÁGUIA nº 21

12h00: Encerramento do Colóquio

Ler mais: https://iflb.webnode.com/maio-2018-vi-coloquio-luso-galaico-sobre-a-saudade/
**********************************************************************
Portada do nº 207

Nº 207 de E N C R U C I L L A D A

“Encrucillada propón neste número reflexionar sobre o acompañamento.


O cristianismo introduce á xente nunha dinámica de relaciónsque, como mínimo, toma forma nas comunidades parroquiais. Pero tamén pode traducirse en camiños persoais máis singulares que precisan dunha atención especial.


Carlos Domínguez Morano ofrécenos un primeiro estudo que enmarca a problemática relacionando e distinguindo o acompañamento espiritual e a terapia psicolóxica, particularmente, psicanalítica.


Pilar Wirtz Molezún reflexiona, dun xeito máis vivencial e teolóxico, sobre a súa persoal experiencia de acompañamento persoal e espiritual cristalizada ao longo de varias décadas de frutífera praxe.


Pablo Guerrero Rodríguez ofrécenos unha achega que reflicte o seu saber sobre o acompañamento de parellas no eido da pastoral familiar. Pastoral especialmente signifcativa logo da Amoris Laetitia.


Xaquín Campo Freire, cunha emocionada redacción, deixa agromar os acedos momentos que implica o labor de acompañamento que está a realizar nos cárceres no marco da pastoral penitenciaria.


Xan Baliñas Vidal achéganos a súa experiencia no grupo xuvenil de pastoral «Monte Horeb». Interesante experiencia de acompañamento que debe ser continuada.


Xosé Manuel Caamaño pide unha seria reflexión sobre a realidade parroquial á luz dunha innegable diagnose que constata o seu gravísimo deterioro que, porén, está chamado a unha fonda
conversión á luz do que o propio Papa Francisco está a dicir sobre a reforma da Igrexa.

Neste número incluímos tamén un artigo que celebra á autora que este ano é homenaxeada no Día das Letras Galegas. Fina Casalderrei achéganos á fgura de María Victoria Moreno. Esa escritora galega, nacida en Estremadura, mestra de vocación, amante da palabra e dos animais, dotada dunha especial sensibilidade para facer literatura coa sinxeleza e humildade da vida cotiá. Coma
quen non fai nada. O debuxo de Soedade Pite, na páxina 45 deste número, plasma nunha imaxe xenial o cerne do seu estilo literario.


Como exclusiva de Encrucillada publicamos tamén unha entrevista a Alessandro Forina e Ernesto G. Maleno que pon sobre amesa o horrible illamento e abandono por parte das autoridades
políticas que están a sufrir as persoas migrantes que se achegan ás costas de Europa polo mar mediterráneo. Hai experiencias de acompañamento e acollida, pero o feito xeral é un vergoñento peche de fronteiras” (Guieiro).

Quero subliñar, por último, a Crónica da Igrexa, subtitulada “Carta desde a banda da esperanza“, que asina Manuel Regal Ledo, pola súa lectura dialogal do acontecer social, en temas tan candentes, por exemplo, como “a prisión perpetua revisable”, o día da muller, ou o comunicado da “Federación de Comunidades Xudías de España, a Conferencia Episcopal Española, a Comisión Islámica de España e a Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España”, ao que se refire no seguinte parágrafo: “Cremos que na nosa sociedade non se ten dado unha reconciliación a fondo entre o relixioso e o non relixioso; seguimos sendo herdeiros de pasados acedos nos que tampouco os crentes soubemos estar no noso sitio; moitas persoas lexitimamente non crentes, con malicia ou sen ela ou por pura rexouba, ás veces fan e din cousas, aínda que sexa amparadas polo dereito de libre expresión, que non axudan a integración, e aos crentes ás veces tamén nos falta esa vontade de tolerancia, de integración e de gusto pola convivencia co distinto, á que alude o mesmo comunicado”.

=============================================================

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal